A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil lle comezou os traballos
para a execución da obra de reparación de danos no paseo fluvial do regueiro
da Ribeira, en Quiroga.
Estes traballos, cun
presuposto aproximado de 40.000 €, encóntranse englobados nas medidas urxentes
para reparar os danos causados nos dous primeiros meses de 2014 polas tormentas
de vento e mar na fachada atlántica e a costa cantábrica, declarándose de
emerxencia con data 12 de marzo de 2014.
Os traballos que se van
acometer céntranse na reconstrucción das duas pasarelas existentes así como na
construcción dunha pequena escalinata nunha zona complicada para o paseo.
A
Confederación Hidrográfica procedeu ao peche e á sinalización da obra,
permanecendo pechado ao tránsito o paseo lindante co río Quiroga, durante o
transcurso das obras.
Estas obras son contestación á
petición que o alcalde de Quiroga lle facía ao presidente da Confederación Hidrográfica,
Francisco Marín, no mes de decembro, o día 16, cando acudía a comprobar as
obras de restauracion hidrolóxico forestal do río Quiroga. Naquel momento
estabanse a retirar ramas e arbores secas así como material vexetal acumulado a
ambas as duas marxes do río Quiroga, nun tramo aproximado de 3 km, que en
momentos de intensas chuvias podían provocar taponamentos e desvordamentos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario