Máis dun cento de quirogueses acudirán
este domingo á localidade de Foz, en Lugo, para asistir á Festa do Chicharro.
Esta excursión, organizada dende o concello, ten como fin un irmandamento desta
festa e a Mostra do aceite de Quiroga.
O Concello de Quiroga e o concello de Foz presentaron en rolda de prensa o
irmandamento das festas do Chicharron e do Aceite. Os alcaldes de Foz, Javier
Jorge Castiñeira e o de Quiroga, Julio Alvarez, escenificaron o irmandamento
nun restaurante quirogués coa maridaxe do aceite e o viño locais co chicharro
de Foz.
A excursión, de interese turístico e
gastronómico, sairá as dez menos cuarto da mañá dende a casa da cultura.
O programa da excursión
comezaría coa chegada ao concello de Foz, onde se ofrecerá unha recepción na
casa consistorial a corporación de Quiroga. Posteriormente o alcalde de
Quiroga, presentará a nosas XIV Mostra do Aceite, a que acudirán veciños de
Foz.
A continuación abriranse as casetas
nas que se poderá degustar a maridaxe do
chicharro lañado de Foz con rustrido de aceite virse extra de Quiroga, así como
o chicharro lañado á brasa con cachelos cocidos e o chicharro en empanada; todo
elo acompañado con viño de Quiroga.
No hay comentarios:
Publicar un comentario