A área de Cultura do concello organizou diversos actos con
motivo da celebración mañá sábado do día das Letras Galegas.
A unha menos cuarto da mediodía recibiranse no salón de plenos
da casa consitorial aos distintos colectivos culturais da vila.
A unha presentarase o libro de Paulo Nogueira Santiago, “A
Freguesía Rural de Santa María de Bendilló”.
Tras a presentación do libro farase entrega dos premios do
certame de narración e dubuxo Letras Galegas. As gañadoras do
certame foron: Na categoría A, na modalidade debuxo resultou seleccionado o
traballo de Natalia Álvarez Díaz.
Na categoría B, dentro da modalidade debuxo: Carolina Fernández
Camino, Andrea Quiroga de la Piedra,
Andrea Pérez López e Lucía Álvarez Domínguez. Seleccionadas esta dúas últimas tamén na
modalidade de narración.
Os actos rematarán coa actuación, diante da casa consitorial, da
banda de Gaitas San Martiño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario