O
Concello de Quiroga e varias asociacións culturais da comarca puxeron en marcha
un punto de recollida de tapóns coordinado co Banco de Tapóns de Lugo que
permitirá almacenar todos os tapóns e aparellos electrónicos como móviles, routers ou cargadores, que se recollan no municipio.
A iniciativa está supervisada pola Fundación Puro Cora e o banco
provincial e ten como obxectivo facilitar o traballo aos voluntarios que
xestionan a recollida de tapóns. Ata agora había diferentes locais privados que
almacenaban tapóns, agora a idea é que os membros de Protección Civil
desprácense aos establecementos e domicilios para recoller as bolsas.
Serven todo
tipo de tapas e tapóns de plástico, vasiños dosificadores de medicamentos ou as
cápsulas de café. Estes tapóns serán triturados, lavados e voltos a convertir
en plástico.
Nun
principio os tapóns pódense levar ata o supermercado Escaleira, en San Xulián,
o Colexio de Educación Infantil e Primaria de Quiroga, o supermercado Familia,
a tienda Eurojalno, e o centro social da terceira idade, que son os puntos de
recollida de tapóns en Quiroga. Cando estes establecementos teñan unha
cantidade considerable de tapóns o concello encargarase de recollelos e
almancenalos ata que a fundación os recolla. Os establecementos que queiran
colaborar recollendo tapóns deben pasar previamente pola oficina de servizos
sociais do concello.
O obxectivo
da fundación Puro Cora é permitir a nenos e novos acceder a tratamentos,
próteses ou medios mecánicos para poder desprazarse. Cada beneficiario recibirá
dez toneladas de tapóns a primeira nena en recibir esta axuda foi a quiroguesa
Uxía, que recibiu esta axuda para costear a colocación dunha prótese
provisional na súa mán esquerda.
Cos fondos
económicos obtidos co reciclado do plástico, financiaranse prótesis e medios
mecánicos, destiñados a nenos e mozos de entre 0 e 25 años, que precisen desta
axuda. Esta iniciativa cumple unha doble función: prestar axuda a quen o
precise e coidar do medio ambiente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario