Os encargados
da organización das festas de Quiroga reuníronse novamente para seguir
ultimando os actos programados para os días 8, 9, 10 e 11 de agosto.
O xoves
días 8, comezarán as festas ás seis da tarde cun torneo infantil de
fútbol. A partir das oito do seán na
praza España desenvolverase un festival de música e baile galego coa actuación
dos grupos de danzas San Martiño e Arume de Queiruga e o grupo de gaitas San
Martiño. Xa pola noite haberá unha nova actuación do programa música na rúa,
nesta ocasión entre os bares As Palmeras e Porton.
O venres,
día 9, a banda de gaitas San Martiño fará un pasacalles ás doce da mediodía. Ás
seis da tarde continuará a desenvolverse o torneo de fútbol infantil. Ás oito
da tarde, na sala de exposicións da Casa da Cultura, inaugurarase unha
exposición de pintura dos alumnos do curso organizado pola Asociación
Sociocultural da Comarca de Quiroga. A partir das nove e media da noite VII
Festa – Merenda da Comunidade, no parque da constitución, na que por 5 €
todolos participantes poderán disfrutar dunha cea a base de tres tipos
diferentes de empanada, acompañada de ensalada mixta e biscoito. Ao seu remate
festa co dúo local Fondo Tropical. Para rematar a xornada do venres, á
medianoite na zona dos pubs desenvolverase a festa da Xuventude, na que
actuarán os grupos + Iva, Los Árboles e La Banda de Fesser, e farase entrega
dos premios dos certames de poesía e fotografía.
O sábado,
día 10, a xornada abrirase coa inauguracióin da XXII Mostra do Mel. Entre as
once e media e a unha e media representarase un fiadeiro tradicionale farase
unha exhibición do traballo da madeira. Ás mediodía a banda de música de Antas
de Ulla fará un pasacalles e posteriormente ofrecerá un concerto diante do
concello. Pola tarde, ás sete menos cuarto, na praza España, todos os nenos
poderán participar no V Concurso pinta con Xiz no Chan. E a partir das nove e
media da noite festa popular coa orquestra Pontevedra e o Grupo Limón; e sobre
a medianoite actuación estelar da eurovisiba Lucía Pérez.
E o
domingo, día 11; a banda de gaitas Brabán e a charanga Terras do Bibei farán un
pasacalles. Pola tarde, ás seis, disputarse o Trofeo Xoiería Zafiro, no que se
presentará o novo equipo do Quiroga F. C. Ás oito do serán na praza España,
espectáculos de malabares, humor e novo circo a cargo de Peterpunk. O remate da
festa poñerano a orquestra Fania Blanco Show e o Grupo Océano.
No hay comentarios:
Publicar un comentario