O Concello
de Quiroga, está a traballar na organización da XXII Mostra do Mel de Quiroga,
que terá lugar o sábado día 10 de agosto coincidindo coa feira mensual máis
importante do ano e nesta edición coas festas de verán de Quiroga.
Puntual a
súa cita de todos os veráns durante 21 anos, este evento gastronómico ten como
obxectivo principal dar a coñecer as magníficas calidades do mel que se produce
na zona de Quiroga, que comparte un lugar destacado con produtos como o viño, o
aceite ou as castañas.
A
programación variará pouco con respecto ás anteriores edicións, daquela haberá
un acto de inauguración ás 11 horas e os postos de venda e exposición de mel e
outros produtos típicos da zona, estarán a disposición de quen o desexe dende
primeiras horas da mañá ata despois do xantar.
Como xa
sucedera na anterior edición da mostra, a Delegación de Cultura mediante o
Museo Etnográfico de Quiroga, organiza un fiadeiro tradicional, no que poderán
observarse os procesos do traballo tradicional coa la de ovella e nesta ocasión
coa colaboración dos artesáns de Campos de Vila da carpintería
"Armaoir" tamén haberá unha demostración do traballo da madeira, no
mesmo recinto da Mostra do Mel.
No hay comentarios:
Publicar un comentario