Un ano máis
Quiroga comezará as súas festas de verán coa Festa da Comunidade, o venres 9 de
agosto, no parque da Constitución.
A festa que comezará a partir das nove
da noite, contará este ano cun menú a base de empanada, ensalada mixta e
biscoito. A empanada será de carne, de horta e mariñeira. Tdodo elo estará
acompañado de viño, auga e refrescos.
Como novidade este ano os
participantes contarán con mesas e sillas para degustar a merenda máis
comodamente.
As entradas para participar na comida
organizada dende o concello, xa están a venda, ao prezo de 5 € en bares e
establecementos de Quiroga; pero tamén se poderán adquirir o mesmo días da
festa no propio recinto.
Tras a
cea haberá festa popular amenizada polo dúo local Fondo Tropical
No hay comentarios:
Publicar un comentario