O Concello
de Quiroga, está a traballar na organización da XXII Mostra do Mel de Quiroga,
que terá lugar o sábado día 10 de agosto coincidindo coa feira mensual máis
importante do ano e nesta edición coas festas de verán de Quiroga.
Puntual a
súa cita de todos os veráns durante 21 anos, este evento gastronómico ten como
obxectivo principal dar a coñecer as magníficas calidades do mel que se produce
na zona de Quiroga, que comparte un lugar destacado con produtos como o viño, o
aceite ou as castañas.
A
programación variará pouco con respecto ás anteriores edicións, daquela o xoves
día 8 de agosto a partir das oito e media do serán na Casa da Cultura
sortearanse os postos de venda e entregaránselle as credenciais aos nove
apicultores participantes. O sábado, 10 de agosto, ás once da mañá inaugurarase
o recinto feiral onde se poñerá a venda e exposición o mel e outros produtos
típicos da zona. Estes productos estarán a disposición de quen o desexe dende
primeiras horas da mañá ata despois do xantar.
Os
apicultores participantes nesta edición son José Río Espada, de Pacios de
Mondelo; Isabel Marcos López, da Ponte – Rodela; Manuel Macía González, das
Estradas; Ángel Gómez Martínez, de Paradapiñol; Andrés Campo García, de Fisteus;
Manuel Rodríguez Fernández, de Centeais; Agripino Ferrira Machado, de Quiroga;
Blanca Carballo Rodríguez, de Quiroga e Manuel Macía Castiñeira, tamén de
Quiroga.
Como xa
sucedera na anterior edición da mostra, a Delegación de Cultura mediante o
Museo Etnográfico de Quiroga, organiza un fiadeiro tradicional, no que poderán
observarse os procesos do traballo tradicional coa la de ovella. Nesta ocasión
esta demostración que serán entres as once e media da mañá e a unha e media, no
mesmo recinto da mostra, incrementarase coa colaboración dos artesáns de Campos
de Vila da carpintería "Armaoir" que farán unha demostración do
traballo da madeira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario