Onte comezaron dous cursos de formación nos
que participan un total de 30 persoas e que van encamiñados a atención
sociosanitaria a persoas dependentes, un para o coidado no propio domicilio e o
outro en institucións sociais.
Na
presentación dos cursos, que están subvencionados pola Consellería de Traballo
e Benestar, polo Fondo Social Europeo e polo propio concello de Quiroga, estiveron o rexedor local Julio Alvarez e a
delegada territorial Raquel Arias.
O curso de
Atención Sociosanitaria a Persoas no Domicilio impartese en horario de mañá,
dende as oito e media ata as duas e media; e consta de 618 horas das que 120
serán prácticas.
O outro dos
cursos, de Atención Sociosanitaria a persoas Dependentes en Institucións
Sociais impartese en horario de tarde, dende as catro da tarde ata as oito e
media. En total consta de 468 horas, das que 80 serán prácticas.
As horas
prácticas dos dous cursos realizaranse nas instalacións da Residencia da
Terceira Idade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario