A alcaldía de Quiroga, e na súa representación
o alcalde presidente, Julio Alvarez, tomou a decisión de modificar os tenentes
de alcalde da corporación e polo tanto os membros que compoñen a Xunta de
Goberno Local.
Así aos
tenentes de alcalde, quedarán do seguinte xeito, primeiro tenente de alcalde
segue sendo Ana Nuñez García, o segundo tenente de alcalde pasa a ser Manuel
Mondelo Rodríugez e o terceiro tenente de alcalde Loli Sánchez Durán.
En canto a
xunta de Goberno Local estará formado polos concelleiros que son tamén tenentes
de alcalde, Ana Nuñez García, Manuel Mondelo Rodríguez e Loly Sánchez Durán.
Destes
nomeamentos así como dos ceses dos anteriores feitos mediante resolución da
alcaldía deberá de darse conta ao pleno da corporación na primeira sesión que
se celebre.
No hay comentarios:
Publicar un comentario