O goberno municipal vai mellorar o pavimento e o mobiliario urbán do primeiro
treito da rúa Real. O proxecto estará exposto durante a vindeira semana no
salón de plenos da casa consistorial para poder ser consultado por todos os
veciños interesados.
O goberno local decidiu levar a cabo esta remodelación contando
cunha subvención da Consellería de Industria e Comercio, porque dende o ano
1990 non se levou a cabo ningunha remodelación nesta zona. As obras que inclúen
a remodelación total de bordillos, plaqueta das beirarrúas e cambio de
mobiliario urbán, así como a sustitución de puntos de alumeado público por
lámpadas led; deberán estar rematadas a finais de novembro deste mesmo ano. O
presuposto de contrata desta obra supera os 150.000 €.
Deste proxecto informouse esta mañá á mesa do comercio que se reunia esta mañá . A mesa acolleu favorablemente a proposta de dinamización da zona.
Mercado de artigos de segunda man.
Na reunión da mesa do comercio de Quiroga tratouse outro tema que lles propuxo o concello, o acordo que se tomou na pasada sesión plenaria sobre a posta en marcha dun mercado veciñal de artigos de segunda man. A mesa estivo de acordo con esta iniciativa e acordou falar cos comerciantes e crear unha normativa que regule este mercado.

No hay comentarios:
Publicar un comentario