O concello
de Quiroga rescindiu o contrato que mantiña coa empresa Aqualia sobre a xestión
da auga. Tras chegar a un acordo coa empresa e tras a súa aprobación na pasada
sesión plenaria, esta mañá asinábase oficialmente a documentación que o acredita entre o concello de Quiroga,
representado polo alcalde, Julio Alvarez, e a empresa, por medio do seu
representante José Luis García Ibañez.
Todo
o material que tiña no seu poder Aqualia para o mantemento do sistema de
abastecemento de auga de Quiroga pasa así a mans do concello. Os dous empregados
cos que contaba a firma pasan a formar parte do cadro de persoal municipal.
A empresa renuncia a reclamar
xudicialmente unha indemnización e o concello devolvelle á firma o aval que
esta presentou no ano 2005, cando se fixo coa concesión da auga. Este acordo
que se asinou hoxe amistosamente, foi negociado durante os últimos meses.
A partir de agora, a xestión da auga volta a ser responsabilidade
directa do concello, e o concelleiro José Enríquez terá a responsabilidade de
supervisar este servizo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario