O concello de Quiroga, a través do departamento de servizos sociais,
porá en marcha un programa de actividades
destinado á estimulación cognitiva, psicomotriz e da memoria
en persoas maiores que sofren deterioro cognitivo.
Este programa consta de
dous obradoiros diferentes,
pero relacionados entre si, que terán como obxectivo a prevención e mellora de enfermidades cerebrais, especialmente a
enfermidade de alzheimer e as caracterizadas pola perda aillada e obxectiva da
memoria, preténdese desenvolver as capacidades cognitivas, de psicomotricidade
e memoria nas persoas que sofren deterioro nestes aspectos.
O punto de partida destas
actividades será unha charla o día 22 de
outubro, na casa da cultura, ás 18:00h co título: “alzheimer, que podemos facer
entre todos”, organizada polo departamento de servizos sociais do concello en colaboración
coa asociación de familiares e enfermos
de alzheimer e outras demencias (Afamon). A charla conmemora
o día internacional do alzheimer que se celebra o vindeiro día 21 de setembro.
As actividades impartiranse
mediante dous obradoiros que comezarán no mes de novembro. Un deles versará
sobre a “estimulación cognitiva e psicomotriz”, con dúas sesións semanais en
horario de mañá, e outro será un “obradoiro de memoria” que terá un horario de tarde cunha sesión única
de dúas horas.
No desenvolvemento das
actividades, tanto do obradoiro de estimulación cognitiva e psicomotricidade
como o de memoria colabora persoal da asociación Afamon.
Nos próximos días vaise abrir o plazo de inscrición para os dous obradoiros, que terán
límite de plazas e unha cota mensual para cada participante.
No hay comentarios:
Publicar un comentario