A Xunta de
Galicia a través da Secretaría Xeral de Igualdade está a impulsar un programa
pioneiro para que as persoas maiores sexan transmisoras dos valores da
igualdade entre os seus netos e netas menores. O programa consiste na
organización de obradoiro teatrais nos que se reflexiona sobre cuestións como a
socialización diferencial por xénero, o obxetivo é utilizar o teatro como medio
de intervención. Un destes obradoiros desenvolverase en Quiroga.
Esta iniciativa enmárcase no Plan Galego de Persoas Maiores 2010-2013 e
desenvólvese a través do proxecto transnacional 'Eles tamén', impulsado por
Galicia, en colaboración con Castela León e Portugal.
O obxectivo é utilizar o teatro como medio de intervención;
transformación da realidade e conciencia social para a ruptura dos estereotipos
de xénero, a partires da reflexión individual das persoas maiores que exercen
labores de coidado e atención de menores.
Neste sentido, a Secretaría Xeral da Igualdade programou catro
obradoiros, un por provincia, coa colaboración das entidades locais
participantes. Tras o bo resultado do primeiro obradoiro en Padrón (A Coruña),
o pasado mes de decembro; a partires de setembro celebraranse os de Verín
(Ourense); Vila de Cruces (Pontevedra) e Quiroga (Lugo).
A duración de cada obradoiro é de arredor de 45 horas distribuídas en
15 sesións e nel abordaranse contidos como a corresponsabilidade; a educación
non sexista; o uso de tempos e espazos; os estereotipos de xénero ou a
distribución sexual dos traballos. Os participantes son homes e mulleres de
idades comprendidas entre os 45 e 75 anos.
As persoas
interesadas en participar neste obradoiro deben de inscribirse no Centro Social
ou no Centro de Información á muller e acudir o luns, día 16 de setembro ao
Centro Social ás catro da tarde.
A obra de teatro 'Avós, nunca é tarde', representarase ante o público
de cada un dos concellos participantes o vindeiro mes de decembro. Trata da
loita da filla dunha familia moi tradicional por conseguir que a vida no seu
fogar sexa máis xusta e igualitaria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario