A
Deputación de Lugo puxo en marcha en Quiroga a conexión wifi gratuita instalada
no concello. Esta iniciativa forma parte do plan Innova-te, que inclúe a posta
en mrcha destas redes abertas e tamén un servizo de asesoramento tecnolóxico
para os funcionarios municipais.
A conexión
inclúe tres puntos wifi, dous no interior da casa consistorial e outro no
exterior do edificio. Estes puntos de conexión contarán cunha velocidade de 256
kilobaits por segundo, o máximo legal permitido para estes servizos prestados
por administracións públicas. Deste xeito, os veciños dispoñerán de acceso a
Internet libre e gratuito dende calquera dispositivo móbil: ben un ordenador
portátil, PDA ou teléfono, a espazos web
coma páxinas institucionais, redes sociais ou correos webmail.
No hay comentarios:
Publicar un comentario