O Centro de
Información á Muller do concello, dependente da área de Igualdade e Benestar, ten
organizada a camiñata que realiza todos os anos con motivo da conmemoración do
día Internacional do Cancro de Mama.
A camiñata está prevista para este venres, 18 de outubro. Como
todos os anos, os participantes partirán ás cinco e media da tarde dende as
inmediacións do Auditorio Municipal e dirixiranse polas Barrancas ata o paseo
fluvial, onde recorrerán o seu quilómetro de extensión.
Todas
as persoas que queiran solidarizarse coas persoas que padecen esta enfermidade,
soamente teñen que acudir á hora prevista ao lugar de saída.
No hay comentarios:
Publicar un comentario