A Casa de Cultura acollerá esta tarde unha charla informativa sobre as
axudas que concede a Xunta de Galicia para a plantación de castiñeiros para
froito.
A charla estará impartida por un técnico da Xunta
de Galicia, e comezará ás seis e media da tarde.
Serán
subvencionables os gastos de plantación forestal e de área de defensa contra
incendios forestais, a prima de mantemento e as infraestruturas de
acompañamento ou obras complementarias das novas forestacións (peche, apertura
e arranxo de pista forestal).
Estas axudas
financiaranse con cargo ao Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia, cunha
achega do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) do 75%.
No hay comentarios:
Publicar un comentario