O concello de Quiroga, a través do departamento
de servizos sociais, porá en marcha un programa de actividades destinado á estimulación cognitiva, psicomotriz
e da memoria en persoas maiores que sofren deterioro
cognitivo.
Este programa consta de
dous obradoiros diferentes,
pero relacionados entre si, que terán como obxectivo a prevención e mellora de enfermidades cerebrais, especialmente a
enfermidade de alzheimer e as caracterizadas pola perda aillada e obxectiva da
memoria, preténdese desenvolver as capacidades cognitivas, de psicomotricidade
e memoria nas persoas que sofren deterioro nestes aspectos.
O punto de partida destas
actividades será unha charla que terá
lugar mañá pola tarde, a partir das seis, na casa da cultura. A charla baixo o
título: “alzheimer, que podemos facer entre todos”, está organizada polo
departamento de servizos sociais do concello en colaboración coa asociación de familiares e enfermos de
alzheimer e outras demencias (Afamon). Os encargados de impartila serán o
traballador social e a psicóloga desta asociación que darán pautas básicas
sobre esta enfermidade.
A charla está aberta a todas as persoas interesadas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario