Comezaron as obras de remodelación da zona máis comercial da rúa
Real, o tramo á altura da casa consistorial.
O goberno local decidiu levar a cabo esta remodelación contando
cunha subvención da Consellería de Economía e Industria e porque dende o ano
1990 non se levou a cabo ningunha remodelación nesta zona.
As obras que inclúen a remodelación total de bordillos, plaqueta
das beirarrúas e cambio de mobiliario urbán, así como a sustitución de puntos
de alumeado público por lámpadas led; deberán estar rematadas a finais de
novembro deste mesmo ano.
O presuposto de contrata desta obra supera os 150.000 €.
No hay comentarios:
Publicar un comentario