O
departamento de deportes do concello organizou a I Marcha Cicloturista Red Boi, para o domingo día 19 de abril.
A sída está
prevista para as nove da mañá dende diante da casa consistorial. Os
participantes farán un recorrido de 97 km. Tras a saída dirixiranse pola rúa
Real ata o Paseo Fluvial, para cruzar novamente a rúa Real en dirección a
estrada do Caurel, pasando pola Hermida, Campodola, O alto do Boi, Folgoso,
Seoane, A Seara Outeiro, Fisteus, A Ribeira, Os Novaes e San Clodio para
rematar novamente no punto de saída.
A
marcha está aberta a todo ciclista mior de 16 anos en posesión de licenza
federativa en vigor. O importe da inscripción será de 5 euros para os federados
e de 17 para os de licenza dun dia.
É
obrigatorio o uso do casco protector.
As
inscripciones realizaránse na página web www.championchipnorte.com, antes
do 16 de Abril
Durante
o recorrido estarán instalados 2 puntos de avituallamento. Á finalización da
Marcha servirase unha comida a todos os participantes, que tamén recibirán unha
camiseta como recordo da proba.
Ademais
de para os gañadores, haberá trofeos para o club máis numeroso, para o
participante máis novo e para o máis veterán, tanto de xénero masculino como
feminino.
No hay comentarios:
Publicar un comentario