Quiroga
acolleu a fin de semana a súa Feira do Viño, nunha fin de semana na que as
altas temperaturas propiciaron que centos de persoas acudisen a este evento,
referente xa da semana Santa entre todas as citas gastronómicas da comunidade
autónoma. Un ano máis os colleiteiros participantes amosaban a súa satisfación
polas ventas acadadas, sobor de todo na xornada do sábado; que incluso antes de
inaugurarse o recinto feiral, as casetas xa estaban abarrotadas de xente.
Dez colleiteiros participaron na XXXIII Feira do Viño de
Quiroga. Os viños de todos eles pasaron unha análise organoléctica nun
laboratorio especializado e tamén a cata realizada polos membros da Confraría
do viño de Quiroga.
Seguindo
a tradición, cada ano nun tramo da rúa Real, nesta edición o recinto feiral
situabase na parte de arriba da rúa, á altura da casa consistorial.
O
encargado de inaugurar o feira deste ano, foi Severino Monteserín, secretario
Xeral de Agader, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural. O acto de
inauguración tiña lugar ás seis e cuarto da tarde, pero anteriormente os grupos
Os do Recanto e a Banda de Gaitas San Martiño, xa facían un pasarrúas polo
recinto feiral, anunciando o inicio da festa do viño.
Ás seis e media as actuacións trasladábanse ata o Auditorio
Municipal, onde actuaban as distintas agrupacións locais: a Coral Polifónica de
Quiroga, foi a primeira en abrir o espectáculo.
Tamén
se facía entrega dos premios do certame Cartas de Amor Vila de Quiroga, para
esta entrega xa se contaba coa pregoeira desta edición que foi recibida nese
momento cun ramo de flores.
A banda de
gaitas San Martiño e os grupos de danzas San Martiño e Arume da Queiruga,
serían os que completarían os actos desenvolvidos no Auditorio Municipal.
Ás oito e media do serán, xa no palco, tiña
lugar o momento máis multitudinario da feira, o pregón. Nesta edición a
pregoeira da feira do viño de Quiroga foi Rocío Carrasco, coñecida dende sempre
por ser filla da cantante Rocío Jurado. Rocío Carrasco, que era recibida con música da súa nai, comezaba o seu
discurso confesando que este era o primeiro pregón que pronunciaba, pero non
por eso deixou de estar á altura do que os espectadores agardaban, e tamén
eloxiou os nosos caldos e tamén Quiroga e toda a Ribeira Sacra.
A popularidade da filla da cantante Rocío
Jurado e do boxeador Pedro Carrasco, suxiu das súas frecuentes apracións
na prensa rosa española e dos seus ocasionais desfiles como modelo. Despois empezou
a súa carreira televisiva como copresentadora do programa de Telecinco "Cita
con Apeles". De aí pasou a ser colaboradora no programa matinal
de María Teresa Campos, "Día a día" (1997-2005).
Na
actualidade presta a súa imaxe a algunhas firmas comerciais e presentou un
programa en Canle Sur chamada "Nacidas para cantar" xunto con María
Teresa Campos. Dende xullo de 2014 e ata febreiro deste ano foi a presentadora
do programa "Hable con elas" de Telecinco.
Tras
o pregón facíase entrega do premio do concurso de camisetas, para o que os
participantes tiñan que subir ao palco para que fora a propia pregoeira a que
decidira quen se merecía os 100 € de premio.
O grupo Mosaico era o encargado da animación nocturna.
O domingo, a charanga Madialeva animaba o recinto feiral
durante toda a xornada. A partir das doce e media da mediodía, na casa
consistorial, onde se recibían as autoridades invitadas á Feira, entre as que
se atopaba o conselleiro de Industria, Francisco Conde, facíaselle a entrega de
medallas aos colleiteiros participantes.
Todos estes actos foron os que acompañen a unha feira que
ano tras ano recibe a centos de visitantes para disfrutar de Quiroga, pero
sobre todo do producto estrela, o viño. No que unha edición máis os
colleiteiros amosaron a súa satisfacción polas vendas acadadas.
Tamén
o alcalde de Quiroga, Julio Alvarez, se amosou máis que satisfeito co exito
acadado na XXXIII Feira do Viño de Quiroga.
No hay comentarios:
Publicar un comentario