A Comisión Organizadora da Mostra do Aceite, reuniuse onte na casa
consistorial. Tras fixar a data para a súa celebración en anteriores xuntanzas,
o 16 de maio; onte comezouse a últimar o programa así como a cata previa dos
aceites participantes.
Ademáis destes temas a xuntanza
centrouse nas condicións que deberán cumprir os aceites participantes e fixouse
a data para realizar as inscripcións. Así, os olivareiros que queiran
participar deberán de incribirse dende mañá xoves ata o día 14.
As condicións para poder participar,
tendo en conta, que a número de colleiteiros será limitado a 6, son:
- Ter unha colleita mínima de 200
litros de aceite.
- Aboar 100 € de inscrición, ou ben
facilitar a cantidade equivalente en aceite.
- E presentar unha mostra de 1 litro
en envase de cristal para a análise correspondente.
A Comisión Organizadora recollerá
mostras ao azar para a súa cata o mesmo día da Mostra.
A selección dos participantes farase
tendo en conta o orde de incrición nas oficinas municipais por rexistro de
entrada e o resultado aceptable da análise químio e organoléptico que
determinará o laboratorio especializado que se dispoña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario