A Décimo quinta edición da Mostra do
Aceite, xa recoñecida como Festa de Interese Turístico de Galicia, terá lugar o
sábado día 16 de maio. A comisión organizadora decidiu no seu momento este
atraso na data para tentar acadar unha mellora nas condicións climatolóxicas e
na presentación do producto por estar máis decantado e clarificado.
Os actos comezarán xa o domingo día
10, á mediodía, cando se catarán na sala de catas do museo Etnográfico, os
aceites inscritos para esta edición.
O sábado día 16, no lugar das
Farrapas, a partir das once e media da maña poñerase en funcionamento o Muiño
de Bendilló, para comezar coa demostración e elaboración tradicional do aceite.
Ás doce da mediodía cataranse os seis
aceites participantes na mostra no interior da capela das Farrapas.
A unha e cuarto, actuacións de danza e
música tradicional galega a cargo das agrupacións locias: Grupo de danzas San
Martiño, Grupo de Gaitas O Recanto e a banda de gaitas San Martiño.
Durante toda a xornada no recinto
feiral estarán a venda aceite e productos típicos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario