O xoves día 8 terá
lugar a Festa da Xuventude que incluirá dentro do seu programa a III
Edición da Festa da Cervexa Artesá na praza de España. A nota musical
correrá a cargo do DJ Michel dende
as seis da tarde, e sobre ás once da noite preto da Praza España, comezará
a actuación da afamada orquestra PANORAMA.
Dentro das bases para a participación
nesta festa está recollido que no recinto da festa non
estrá permitida a venda de cervexa que non sexa artesá como tampouco
ningún outro tipo de bebida alcohólica. O prezo fixado para a caña é de 1,50€.
As persoas interesadas en inscribirse,
poden solicitar o formulario de solicitude na casa de cultura ou senón tamén
poden chamar o seu número, onde serán informados de todos os detalles da festa.
Dado que o número de participantes está limitado a 8 e dando preferencia aos
cervexeiros locais, a admisión de participantes farase por orden de rexistro de
entrada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario