O venres día 9
de agosto e dentro do programa das Festas de Verán de Quiroga, terá lugar a 14ª
edición da Festa da Comunidade.
Como xa é habitual a festa celebrarase nas inmediacións do parque da
Constitución a partir das nove e a ela poden acudir todos os veciños ou
visitantes. Os asistentes poden previamente mercar os vales que están a venda tanto
no Centro Social como nas seguintes cafeterías e bares da vila; As Plameras,
Quiper,Lago.Felix,Zorro, e Ferreiriño, así como tamén se poden adquirir o mesmo día da cea a un prezo de 6 euros.
O menú que se poderá degustar nesta cea vai ser paella e xeado todo elo
acompañado de bebidas.
A festa da Comunidade dende hai xa catorce anos forma parte dos actos que o Concello
organiza para celebrar as súas Festas de Verán, sendo deste xeito un atractivo
máis dentro do turismo gastronómico da nosa bisbarra.
E unha vez que remate a merenda-cea, dará comezo un animado baile con
música en directo no propio recinto da festa a cargo do Dúo Camelia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario