A orquestra
Panorama coa súa xira “Number One
Tour”e a gaiteira Susana Seivane serán as actuacións estelares das
festas de verán de Quiroga. A
actuación da orquestra Panorama, a
primeira das actuacións que esta orquestra realizará na zona sur da provincia.
O xoves día 8 terá
lugar a Festa da Xuventude que incluirá dentro do seu programa a III
Edición da Festa da Cervexa Artesá na praza de España. A nota musical
correrá a cargo do DJ Michel dende
as seis da tarde, e sobre as once da noite preto da Praza España, comezará
a actuación da afamada orquestra PANORAMA.
O venres
día 9 , a partir das seis da tarde quinto Torneo de Street Soccer no parque da Constitución e o primeiro
Torneo de Street Voley. E pola tarde-noite, nas inmediacións do
Parque da Constitución celebrarase a décimo cuarta Festa da Comunidade. Unha vez que remate
a merenda comezará un animado baile a cargo do Dúo Camelia.
O sábado,
día 10, a partir das doce do mediodía, inauguración da XXVIII Mostra do Mel de Quiroga. O grupo de gaitas Os do Recanto
serán os encargados de poñer a nota musical no recinto feiral. As doce do
mediodía e as oito do serán, contarase cun espectáculo de maxia”PETITE CARAVANE”, a cargo da
compañía Animatium na caravana ubicada
na rúa Real.
A festa popular correrá a cargo do grupo ATENAS a partir das dez da noite e as doce e media o concerto da
gaiteira galega SUSANA SEIVANE.
O
domingo ás doce e media do mediodía alborada coa banda de Música de Chantada e a unha
e media do mediodía concerto da mesma diante da Casa do Concello. Pola tarde, na Praza
España de novo contaremos co Concurso Pinta con Xiz no Chan,
e farase entrega de premios aos gañadores do concurso de Debuxo
Infantil.
As
oito da tarde, espectáculo infantil de rúa, “ O FOLIÓN ZAMPÓN” a cargo de Fantoches
Baj, ao longo da rúa Real. A partir das nove e media da noite festa popular a cargo do grupo NAZARET. E a partir das doce gran
verbena a cargo do grupo LIMÓN.
No hay comentarios:
Publicar un comentario