O Concello de Quiroga, dende a Área de Educación e infancia, organiza
novamente un Concurso de Debuxo
Infantil. As bases son as seguintes:
1.-Este concurso está dirixido a nenos de entre 3 e 12 anos.
2.-O debuxo debe ser orixinal e realizado por calquera medio plástico:
lapis, tinta, acuarela, acrílico, óleo, colaxe, gravado ou mixtos.
3.-O tamaño mínimo será de formato A4 e o tema do debuxo será Quiroga e o
Xeoparque.
4.-Ao reverso do debuxo irán os datos do autor: nome e apelidos, teléfono e
dirección.
5.-O debuxo presentarase na Casa de Cultura dentro dun sobre pechado sen
ningunha escritura no seu exterior, sendo o último día para entregalos o 8 de
agosto.
6.-Os traballos serán avaliados en catro categorías:
A: nenos de 3 a 5 anos.
B: nenos de 6 a 8 anos.
C: nenos de 9 a 12 anos.
7.-Dentro de cada categoría haberá tres postos premiados e os premios serán
“PREMIOS SORPRESA”.
8.-Os premios os nenos e nenas gañadores entregaránselles o domingo día 11
de agosto ás oito menos cuarto do serán na Praza España.
9.-Os traballos quedarán en propiedade do Concello de Quiroga para
posteriores exposicións.
10.-A participación neste concurso supón a aceptación das presentes bases.
No hay comentarios:
Publicar un comentario