O Concello
de Quiroga, dende a oficina de Xuventude, e como en anos anteriores, organiza o
Certame de Poesía. No certame poden participar todas as persoas que así o
desexen cun máximo de dous poemas, escritos en galego ou en castelán.
Os
traballos deben ser inéditos e presentaranse por duplicado, escritos a dobre
espazo por unha soa cara, nun papel de tamaño A4. A extensión mínima será de 20 versos e a
máxima de 100. A métrica e o tema serán de libre elección.
Os
datos do autor/a presentaranse nun sobre pechado, con teléfono e dirección. No
exterior figurará o título do poema e a categoría na que participa, local ou
non local, dentro das que haberá: Xuvenil, de 12 a 18 anos; senior, de 19 a 35
anos e dourada, de 35 anos en adiante.
O primeiro premio serán 100 € e un
diploma e o 2º e 3º consistirán nun trofeo e un diploma.
Os
traballos pódense enviar por correo ou entregalos persoalmente na Casa de
cultura, antes do 24 de xullo.
A
data fixada polo concello para a entrega de premios será o venres 8 de agosto
ás 00:00h. na zona de pubs.
No hay comentarios:
Publicar un comentario