Área
de Educación do Concello oferta novamente para os meses de xullo e xullo os
campamentos de verán. Estes campamento para os nenos e nenas de 2 a 12 anos,
terán lugar de luns a venres, agás festivos, en horario de 11:00 a 14:00
horas para todos os participantes.
Os campamentos están organizados en tres grupos un de 2 a 3
anos, o seguinte de catro a sete anos e un terceiro de oito a doce anos. A
primeira hora adicarase a obradoiros e manualidades e os máis maiores a reforzo
escolar. A segunda hora estará adicada a xogos e deportes os máis maiores tamén
contarán os venres con inglés. A última hora dos obradoiros estará adicada a
xogos nas piscinas e natación.
Todas as
actividades estarán adecuadas á idade dos seus fillos e fillas e haberá sete
monitores, dous por cada grupo de idade e unha supervisora para os tres grupos,
na piscina contamos ademáis cun socorrista para as clases de natación. A
entrada será para todos/as os nenos e nenas na casa de cultura e a saída nas
piscinas municipais, onde terán que recollelos. Para asistir aos campamentos, é
necesario que os nenos e nenas de 2 anos teñan autonomía e ademais todos deben
traer toalla, bañador, chanclas, crema solar, un pequeno tentempé, a muda e
unha gorra.
Ditos
campamentos, teñen un custo por neno/a para sufragar os gastos de material;
así, cada pequeno/a empadroado/a en Quiroga deberá aportar 20 € por mes e os
non empadroados 30€. Os irmáns que asistan ós cursos terán un desconto de 2,50
€ por irmán, 5€ en total por mes. Como novidade, este ano a aqueles nenos e
nenas que asistan tan so unha ou dúas semanas pagarán 10 €uros semanalmente.
As
persoas interesadas en inscribir aos seus fillos/as deben pasar pola Casa de
Cultura ou chamar ó número de teléfono 982 435 125, onde poderán anotar os
rapaces e rapazas, antes do 30 de xuño. Excepto aquelas persoas que veñen de
vacacións a Quiroga que poderán facelo cando cheguen a Quiroga.
No hay comentarios:
Publicar un comentario