Dende o
concello estaselle recordando aos propietarios e arrendatarios de fincas a
necesidade de marter limpos os terreos.
Os propietarios e arrendadoresde fincas situadas en solo urbano,
urbanizable ou de núcleo rural, teñen a obriga de matelas limpas e desbrozadas
de todo tipo de vexetación e nas debidas condicións de seguridade e
salubridade, debendo proceder a súa desinfección e desratización periódica.
Tamén están na mesma obrigación de marter limpos e rozados de
vexetación, aqueles terreos situados a menos de 50 metros do perímetro dos
núcleos rurais co monte.
Esta mesma obriga teñen os propietarios ou titulares sobre os terreos
situados nunha franxa de 50 metros a redor de edificacións, vivendas illadas e
urbanizacións, depósitos de lixo,
parques e instalacións industriais, que estean a menos de 400 metros do monte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario