A Escola Galega de Saúde, en colaboración co
departamento de Servizos Sociais do concello organizou un obradoiro sobre
hábitos de vida saudables, dirixido á poboación en xeral.
Este
obradoiro correrá a cargo dunha médico especialista en medicina preventiva e
dunha técnica do servizo de estilos de vida saudables e educación para a saúde
da Consellería de Sanidade. E desenvolverase o xoves, 19 de xuño, dende as
catro e media da tarde ata as oito e media, na casa da cultura.
Os
obxetivos deste obradoiro son concienciar a poboación da importancia de
practicar hábitos saudables e mellorar a calidade de vida contribuindo a
prevención de enfermidades; e adquirir habilidades para o autocoidado da saúde.
O programa
inclúe o papel dos hábitos alimentarios no crecemento e desenvolvemento, na
saúde e na prevención da enfermidade; recomendacións para unha alimentación
saudable; o papel da actividade física no desenvolvemento corporal e na saúde e
recomendacións actuais da actividade física.
As persoas interesadas en participar
teñen de prazo ata o martes, 17 de xuño para inscribirse nas oficinas de
servizos sociais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario