Esta mediodía 14 mozos menores de 30 anos, asinaron
o contrato do Plan de Emprego Xuvenil do concello de Quiroga.
O concello de Quiroga, a través
do departamento de Xuventude, puxo en marcha este novidoso Plan de Emprego
Xuvenil, temporal, o pasado ano, para estudantes universitarios, de ciclos,
etc. que durante o curso escolar residen fóra da localidade, e os ingresos
familiares se sitúan sobre a media da renda per cápita familiar e non superan
esta.
O contrato será de media xornada; os estudantes
substituirán os funcionarios e persoal municipal que gozan das súas vacacións
nos meses de verán e cada un deles desempeñará o seu traballo nos diferentes
departamentos, cultura, limpeza viaria, comunicación, deportes.
Con este plan o que pretende o grupo de
goberno en primeiro lugar é colaborar coas familias, ás que lles supón unha
elevada carga económica estudar aos seus fillos fóra, dándolles un lugar a
estes estudantes, e en segundo lugar, que lles sirva como experiencia
profesional, que poderán incluír no seu currículo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario