Con motivo da clausura do III Curso de Tecido
Tradicional no Museo Etnográfico Municipal de Quiroga, o día 14 de xullo ás 19 h,
inaugúrase unha exposición de capas tradicionais da Serra do Caurel e Quiroga
que estará aberto ao público no horario habitual do Museo Etnográfico durante
os meses de xullo, agosto e setembro.
Durante o curso de tecido tradicional que se
desenvolveu durante os meses de maio, xuño e xullo os alumnos/as confeccionaron
como práctica un conxunto de capa con capucha e saia tradicionais da Serra do
Caurel. Para a súa elaboración empregaron pura la de ovella negra.
Ademais desta peza exporanse outras procedentes de
distintos puntos da Serra do Caurel: Meiraos, a Cruz de Outeiro, Visuña,
Céramo, e Pacios da Serra.
Como novidade, aproveitando a apertura desta
exposición, o Museo Etnográfico de Quiroga exporá por primeira vez ao público e
formando parte da súa colección estable unha coroza ou capa de auga elaborada
con xuncos que foi típica nas zonas de montaña de todo o noroeste peninsular.
No hay comentarios:
Publicar un comentario