Un ano máis
e dende os distintos departamentos do Concello Quirogués elaboruse un amplo
programa para a celebración das nosas festas de verán onde se intenta dar cabida
a tódolos sectores de poboación, dende infancia, xuventude, terceira idade e
público en xeral, e que veciños e visitantes da vila disfruten o máximo destes
días de festa.
Así o xoves
día 7 de agosto ás dez da noite, e na praza España, terá lugar a celebración do
22 aniversario da Banda de Gaitas San Martiño, na que actuarán xunto con outros
colectivos como o grupo de danzas do mesmo nome e o grupo de Danzas Arume da
Queiruga.
Ás once e media
da noite Nunci Valcárcel será a encargada de facer bailar a veciños e
visitantes co seu repertorio nas inmediación dos bares Kiper e Raposo.
O venres ás
doce da mediodía a Banda de Gaitas fará unha alborada polas rúas do pobo para
lembrarnos que Quiroga continúa de festa.Nesta semana e ata o día 11, tamén se
poderá visitar a Exposición de Debuxo do artista ,Javier Sotuela, na sala de
exposicións da casa da cultura.
Xa pola
tarde as oito,no parque da constitución celebrarase un Torneo de Street Soccer
organizado pola á rea de deportes, neste mesmo lugar e a partir das nove e
media da noite celebrarase a novena edición da Festa da Comunidade onde este
ano se poderá degustar unha gran paella de marisco con tarrina de xeado pan e
bebidas o prezo de 5 euros por persoa, para continuar trala merenda cun animado
baile a cargo do Dúo musical, Fondo Tropical.
A media
noite sobre as doce e media e na zona dos pubs unha nova edición da Festa da
Xuventude, na cal se farán entrega dos premios do concurso de poesía e que se
continuará ca presentación do cantaautor David Prado acompañado pola Belladonna
Band, o grupo local MASKARPONE e o xa coñecido grupo vigués MAS IVA.
O sábado a
partir da unha da mediodía, a Banda Municipal de música de Rábade e Begonte
ofrecerá un concerto diante da casa do concello. Xa pola tarde teremos deportes
no campo do San Martiño onde as 6 da tarde será a presentación do novo equipo
do Quiroga para a vindeira tempada e disputarase o trofeo Xoiería Zafiro.
A partir das sete e media e na praza España
contaremos co sexto Concurso Pinta con Xiz no Chan organizado pola área de
Educación e media hora máis tarde haberá un Taller de Maquillaxe e Globoflexia
para os máis cativos.As dez da noite comezará a festa popular coa orquestra
FANIA BLANCO SHOW, pero o prato forte das festas será as doce da noite a actuación
do grupo de música tradicional TREIXADURA E ORFEON.
O domingo
día 10 de agosto ás once da mañá, inauguración da 23 edición da Mostra do Mel,
tralo corte de cinta dará comezo a alborada e posterior concerto da man do
grupo de música tradicional XUVENTUDES MUSICAIS DE SOBER, a unha da mediodía
teatro de rúa a cargo de Títeres VIRAVOLTA, que presenta o espectáculo
TITIRITEIROS.
As oito do
serán e de novo na praza España terá lugar o espectáculo de animación infantil
LLILLA E FIFO,
E a partir
das nove e media da noite festa popular co Grupo GARIBALDI e a orquestra MARBELLA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario