O Concello xa
puxo a venda as entradas para participar na novena edicción da Festa da
Comunidade e que este ano se celebra o venres día 8 de agosto´no parque da
Constitución as 9:30 da noite. O menú estará composto dunha gran paella de
marisco, pan, bebidas variadas e como postre tarrina de xeado, todo isto
poderase degustar comodamente sentados en sillas e mesas, todo isto o módico
prezo de 5 euros por persoa.
A relación
de bares e estabrecementos donde se poden adquirir as entradas son: cafetería as
Palmeras, bar Portón, bar Raposo,cafetería Quiper, a Taberna, bar Lago, bar
Felix, bar Zorro,bar Cantar Miudíño,bar Recuncho de Dino, na tenda Todocien e
no Centro Social. Dende a organización tamén lembran, que como todolos anos, as
entradas, tamén se poden sacar no mesmo recinto o día 8 pola tarde.
As
entradas para participar na comida organizada dende o concello, xa están a
venda, ao prezo de 5 € en bares e establecementos de Quiroga; pero tamén se
poderán adquirir o mesmo días da festa no propio recinto.
Tras
a cea haberá festa popular amenizada polo dúo local Fondo Tropical.
No hay comentarios:
Publicar un comentario