O concello de Quiroga puxo en marcha
os novos recibos da auga que están
chegando estes días as vivendas con varias variacións. A primeira delas é que
se unifica o recibo, é decir, que no mesmo recíbo cóbrase o consumo de auga e o
lixo – ecotaxa. No documento que as entidades bancarias están enviando aos
domicilios xa van cargados estes dous conceptos, aínda que non se especifica, o
que si se fará a partir do próximo recibo.
Outra das novidades é que o recibo é
trimestral, e non bimensual como ata agora, é decir inclúe os meses de abril,
maio e xuño. Con este cambio, anualmente recibiranse catro recibos e non seis
como anteriormente.
O concello, ao facerse cargo novamente
do servizo de suministro de auga decidiu eliminar dous conceptos polos que
cobraba a empresa anteriormente concesionaria, a cuota de conservación e o
canon de conservación, polo que cada usuario aforrará en cada factura catro
euros. Ao deixarse de cobrar estes conceptos, o contador pasa a ser propiedade e
responsabilidade do usuario.
Ao pasar a realizarse unha lectura do
consumo trimestralmente o gasto en auga é maís alto que era cando se facía cada
dous meses, polo que a corporación municipal aprobou en sesión plenaria unha
modificación das tarifas da auga ampliando os tramos de consumo. Así o primeiro
tramo, o consumo medio dos fogares, ampliouse de 15 metros cúbicos a 23 metros
cúbicos, manténdose o importe por metro cúbico de consumo prácticamente igual,
de 24 céntimos a 25.
O concello ten situada a oficina de
augas no Centro de Formación Ocupacional Pía Páxaro, polo que para calquera
consulta ou dúbida sobre os novos recibos poden achegarse este departamento en
horario de mañá de luns a venres.
No hay comentarios:
Publicar un comentario