O Concello de Quiroga,
está a traballar na organización da XXIII Mostra do Mel de Quiroga, que terá
lugar o domingo día 10 de agosto coincidindo coa feira mensual máis importante
do ano e nesta edición coas festas de verán de Quiroga.
Puntual a súa cita de
todos os veráns durante 23 anos, este evento gastronómico ten como obxectivo
principal dar a coñecer as magníficas calidades do mel que se produce na zona
de Quiroga, que comparte un lugar destacado con produtos como o viño, o aceite
ou as castañas.
O venres
día 8 de agosto a partir das oito e media do serán na Casa da Cultura
sortearanse os postos de venda e entregaránselle as credenciais aos seis apicultores participantes. O domingo, 10 de agosto, ás once da mañá
inaugurarase o recinto feiral onde se poñerá a venda e exposición o mel e
outros produtos típicos da zona. Estes productos estarán a disposición de quen
o desexe dende primeiras horas da mañá ata despois do xantar. Tralo corte de
cinta dará comezo a alborada e posterior concerto da man do grupo de música
tradicional "XUVENTUDES MUSICAIS DE SOBER".
Os apicultores
participantes nesta edición son Isabel Marcos López, da Ponte Rodela; Manuel
Macía González, das Estradas; Ángel Gómez Martínez, de Paradapiñol; Andrés
Campo García, de Fisteus; Manuel Rodríguez Fernández, de Centeais e Eduardo López
Arias, de Quiroga.
No hay comentarios:
Publicar un comentario