O venres día 25, co gallo do Día de Galicia, o Concello de Quiroga
ten programadas as seguintes actividades:
- Ás 13:15h.
Recepción aos colectivos culturais no Salón de Sesións do Concello.
- Ás 13:30 h.
Actuación da Banda de Gaitas “ San Martiño”.
Ás 20:00 h.
No Auditorio Municipal o espectáculo “Os Bolechas e o Sabichón”, organizado
pola Área de Educación , a través da Rede de Dinamización Lingüística.
O programa de dinamización lingüística FalaRedes,
da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio da
Secretaría Xeral de Política Lingüística, presenta a actividade “Os Bolechas e o Sabichón” coa
que se pretende achegar o público
familiar ao galego de xeito lúdico e divertido, esta é terceira edición de FalaRedes que amplía a súa programación cun espectáculo
protagonizado polos famosos personaxes creados por Pepe Carreiro, que farán as
delicias dos cativos e cativas de 4 a 8 anos e das súas familias.
A maiores de promover o uso da lingua de
Galicia, como busca o programa de dinamización con propostas de lecer de
calidade no noso idioma, Os Bolechas e o Sabichón tamén ten a súa parte
didáctica, xa que a actividade simula un concurso no que tanto os irmáns
Bolechas coma os nenos e nenas asistentes deberán demostraren os seus
coñecementos e habilidades lingüísticas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario