Continuando
coa oferta cultural que dende o Concello se está ofertando nestes meses de
verán, o vindeiro luns, día 28, ás 20:00 h. ábrese o público a exposición
“DEBUXOS A PLUMILLA “ de
Javier Rodríguez Sotuela.
A
Sala de Exposicións do Concello de Quiroga albergará as obras deste artista
ata o día 11 de agosto.
Javier
Rodríguez Sotuela é un artista
polifacético así a maiores de ser
debuxante a plumilla é cantautor, faceta
que en Quiroga ben coñecemos por participar en varias edicións do Encontro de
Poetas no Val de Quiroga .
Esta
exposición, que consta de corenta
láminas de temática variada, entre elas, unha vintena que son reflexo de
patrimonio histórico e natural do
Concello de Quiroga; está organizada pola Área de Cultura do Concello de
Quiroga.
No hay comentarios:
Publicar un comentario