O concello de Quiroga informa que se atopa aberto o prazo para
solicitar subvencións para a adquisición e a instalación de receptores de
Televisión Dixital Terrestre, a través de satélite.
Estas axudas que poden solicitalas as familias que
residan ou sexan propietarias dunha vivenda en zonas nas que non se dipoña de
cobertura de canle da TDT; e inclúen antena parabólica, cableado, receptor de
TDT por satélite, cunha contía máxima de 300 € Ive incluído.
A tramitación da axuda faise a través das entidades
colaboradoras, que son as que se encargan de toda a xestión, requirindo ao
usuario a sinatura da solicitude e da conformidade da correcta instalación, no
caso de ser beneficiairios, así como o resto da documentación necesaria.
O
pagamento da axuda tamén se fai por medio das entidades colaboradoras, que lle
descontarán aos benficiarios o importe da subvención do total da factura.
O
prazo para a solicitude destas axudas remata o 30 de setembro.
Para máis información deben dirixirse a Oficina da
Area de Rehabilitación Integral, situada no Centro de Formación Ocupacional.
No hay comentarios:
Publicar un comentario