9 alumnos
do Instituto de Educación Secundaria de Quiroga comezaron esta mañá as probas
de acceso á universidade, para o que se desprazaron ata o instituto Cosme
Rodríguez de A Rúa.
Os alumnos
comezaron cos exames de Lingua Castelá e Literatura, Historia de España,
Historia da Filosofía, Lingua Galega e Literatura e Lingua Estranxeira. Mañá
terán que realizar as probas de Matemáticas, Grego, Técninas de Expresión
Gráfico-Plástica, Ciencias da Terra e Ambientais, Literatura Universal, Deseño,
Química, Latín, Debuxo Artístico, Bioloxía, Historia da Arte, Electrotecnica,
Matemáticas aplicadas ás Ciencias Sociais e Artes Escénicas. Para o venres
quedaranlles Física, Xeografía, Análise Musical, Tecnolxía Industrial, Economía
da Empresa, Debuxo Técnico e Historia da Música e da Danza.
O próximo
21 de xuño publicaranse as cualificacións provisionais. Así mesmo, entre o 25
deste mes e o 5 de xullo poderase formalizar a solicitude ordinaria de admisión
para cursar ensinanzas universitarias oficiais de Grado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario