Este sábado abriranse ao público as piscinas
municipais, con duas xornadas, (sábado e domingo), de entrada gratuita. As piscinas
comezarán o luns coa entrada ao mesmo prezo que o ano pasado, 1 € para os
rapaces e 1,50 os adultos. Como en anos anteriores tamén se poderán sacar bonos
para toda a tempada no mesmo recinto das piscinas; o prezo será de 21 € os
rapaces e 30€ os adultos.
Dende o momento da súa apertura, as piscinas
contarán con todos os servicios de anos anteriores e manterán o mesmo horario,
de doce da mediodía a oito do serán ininterrumpidamente.
Antes da súa
apertura as piscinas foron obxeto de varias actuacións, como a reparación dos vasos que perdían auga e a
colocación dunha nova canalización. Por último tamén se acondicionou o céspede.
Nestas melloras invertiuse un presuposto de 19.000 €.
No hay comentarios:
Publicar un comentario