O concello
asinou esta mañá o contrato do plan de emprego xuvenil de 14 mozos menores de
30 anos.
O Concello de Quiroga a través do departamento de Xuventude puxo en marcha un novidoso Plan de Emprego Xuvenil, temporal, para estudantes universitarios, de ciclos, etc. que durante o curso escolar residen fóra da localidade, e os ingresos familiares sitúense sobre a media da renda per cápita familiar e non superen esta.
O contrato
será de media xornada; os mozos substituirán os funcionarios e persoal
municipal que gozan das súas vacacións nos meses de verán e cada un deles
desempeñase o seu traballo nos diferentes departamentos, servizos sociais,
cultura, limpeza viaria, comunicación, administración e deportes.
Con isto o
que pretende o grupo de goberno en primeiro lugar é colaborar coas familias, ás
que lles supón unha elevada carga económica estudar aos seus fillos fóra,
dándolles un traballo a estes estudantes, e en segundo lugar, que lles sirva
como experiencia profesional; que poderán incluír no seu currículo, porque se
situasen en dependencias de acordo co perfil académico de cada un deles.
A
convocatoria realizouse a través do INEM cumprindo o requisito de publicidade,
mérito e capacidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario