O concello de Quiroga adxudicou o contrato da obra de “Instalación de
Centrais Fotovoltaicas en edificios municipais” a empresa licitadora que
presentou a oferta máis vantaxosa para a corporación.
O obxecto do contrato é a realización dunha serie de obras consistentes
na instalación de pequenas centrais fotovoltaicas de produción de enerxía
eléctrica na modalidade de autoconsumo nas cubertas dos seguintes edificios
municipais:
·
Instalación de 10 Kw de potencia nominal no Auditorio Municipal.
·
Instalación de 10 Kw de potencia nominal na Casa da Cultura.
·
Instalación de 10 Kw de potencia nominal no CEIP de Quiroga.
·
Instalación de 10 Kw de potencia nominal no Pavillón Polideportivo
Municipal.
A
instalación destas centrais suporá para o concello de Quiroga unha fonte de
aforro enerxético de 20.000 euros ao ano e consecuentemente a redución dos
custes correspondentes.
Asemade
a empresa adxudicataria ofrece como melloras as instalacións adicionais de
produción de enerxía eléctrica nos seguintes edificios:
·
Escola Infantil Galiña Azul con 10 Kw de potencia nominal que
compartirá cos garaxes da Praza España.
·
Depuradora municipal con 10 Kw de potencia nominal que compartirá coas
Piscinas Municipais e o Campo de Fútbol.
·
ETAP con 10 Kw de potencia nominal.
O funcionamento das centrais é na modalidade de
autoconsumo. Isto supón que a produción da planta destinarase a abastecer o
consumo enerxético do inmoble. Nos momentos nos que no inmoble non haxa
demanda, o excedente verterase a rede. Polo contrario, cando a produción da
planta fotovoltaica sexa nula ou simplemente non sexa suficiente como para
abastecer a demanda, tomarase a enerxía da rede de distribución do mesmo xeito
que se fai na actualidade. Os sistemas fotovoltaicos transforman a enerxía
solar incidente en enerxía eléctrica.
No hay comentarios:
Publicar un comentario