A Delegación de Cultura do Concello organiza nas instalacións do Museo
Etnográfico Municipal un Curso de tecido tradicional.
Aproveitando a recollida e restauración das pezas empregadas no sector
téxtil, levada a cabo dende o ano 2007, ofrécese a posibilidade de aprender os
segredos dunha técnica milenaria de forte raizame na zona e que co paso do
tempo foi quedando no esquecemento. Urdir o fío para configurar a base sobre a
que se tece, preparar o fío de la para tecer (cardar, fiar ao fuso e á roca,
torcer etc.) e preparar os flocos para decorar as distintas pezas etc.
O curso, de 40 horas de duración, será impartido pola tecedeira de
Visuña Carmen Barreiro Díaz, coa colaboración de Manola Soto Silvelo.
A data prevista de inicio é o día 17 de xuño e desenvolverase dende
esta data ata o día 30 de setembro, todos os luns e mércores de 18 a 20 horas.
O prazo para anotarse neste curso estará aberto ata o día 15 de xuño,
as persoas interesadas poden realizar a súa inscrición ou informarse na Casa de
Cultura de Quiroga (teléfono 982435125). O prezo desta actividade é de 10 € ao
mes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario