Dende
a Área de Educación do Concello ofertan para os nenos e nenas, de 3 a 12 anos,
os Campamentos de Verán, que este ano inclúen unha nova actividade chamada
Repaso de Verán.
Estas
actividades terán lugar de luns a venres, agás festivos, durante os meses de
xullo e agosto. Concretamente, do luns 1 de xullo ao venres 30 de agosto, en
horario de 10:30 a 13:30 horas para todos os participantes. Os campamentos
están organizados da seguinte forma:
·
De 10:30 a 11:30 horas:
- Repaso de verán, que consistirá en
realizar un caderno de vacacións, adecuado a súa idade e curso escolar, ademais
de fichas con exercicios de repaso, actividades de comprensión lectora e de
razoamento matemático; así como actividades interactivas en internet de
carácter pedagóxico, relacionadas cos contidos académicos.
·
De 11:30 a 12:30 horas:
- Luns e mércores: obradoiros de
manualidades; con medios plásticos, abalorios, fieltro, tarxetería, goma eva,
refugallo, e, un sin fin de materiais que farán que os nenos aprendan
diferentes métodos e técnicas manuais. Esta hora realizarase na casa de
cultura.
- Martes, deportes; nesta hora
trasladaranse ao pavillón, onde se realizarán xogos deportivos adecuados á
idade de cada grupo.
- Xoves, xogos; realizaranse xogos de
distinta natureza, distensión, afirmación, coñecemento, confianza … no pavillón
municipal.
-Venres, dedicados a variadas
actividades, teatro, cociña, globoflexia, maquillaxe, e un largo etcétera, xa
que se variarán cada semana e serán todos eles moi entretidos e novedosos.
·
De 12:30 a
13:30 horas:
- Natación e xogos acuáticos; todos os
días unha hora nás instalacións das piscinas municipais, nas que terán clases
de natación, así como xogos na auga. En caso de mal tempo, esta actividade será
substituída por actividades de cine, videocontos, videos musicais, actividades
lúdicas en internet …na casa de cultura.
As
persoas interesadas en inscribir aos seus fillos/as deben pasar pola Casa de
Cultura ou chamar ó número de teléfono 982 435 125, onde serán informados de
todos os detalles dos campamentos e onde poderán anotar os rapaces e rapazas, antes
do 27 de xuño.
Excepto
aquelas persoas que veñen de vacacións a Quiroga, que poderán facelo cando
queiran.
No hay comentarios:
Publicar un comentario