O Concello de Quiroga remitiu á Dirección
Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia as memorias para a solicitude
de apertura de expediente de declaración de Ben de Interese Cultural (BIC) para
o conxunto mineiro romano de Montefurado e para o conxunto mineiro romano do
túnel de Pena Furada (Paradaseca). No seu día xa se remitiran os informes para
apertura dos expedientes do conxunto histórico-artístico do Hospital, integrado
pola igrexa parroquial de San Salvador do Hospital, a Casa Torre do Hospital, a
Casa da Encomenda (Pazo de Tor) e a Casa de Carballedo; ademais da igrexa
parroquial de Santa María da Ermida.
En vindeiras datas remitiranse tamén a
Dirección Xeral de Patrimonio Cultural as memorias para abrir os expedientes
relacionados coas zonas mineiras de Margaride e Covas.
Deste xeito, o Concello de Quiroga aspira a
acadar un recoñecemento especial para varios dos enclaves máis importantes do
seu extenso territorio xa que todos os elementos do patrimonio cultural
quirogués contan xa co máximo grao de protección conferido pola súa inclusión
no Plan xeral de ordenación municipal.
O catálogo do Plan xeral de ordenación
municipal de Quiroga recolle e protexe: 66 explotacións mineiras, 20 mámoas, 35
asentamentos castrexos, 2 zonas de petróglifos, 3 pontes, 21 igrexas
parroquiais, 39 capelas, 2 cruceiros, 14 casas solariegas, 1 castelo e 7
ferrerías.
No hay comentarios:
Publicar un comentario