A corporación municipal celebrou onte pola
tarde unha sesión plenaria ordinaria.
No pleno aprobouse
o recoñecemento extraordinario de créditos, tamén se aprobaron duas mocións e
unha terceira foi rexeitada. A primeira das mocións, que foi presentada polo
Partido Popular, era relativa á declaración da Festa dos Remedios da Hermida,
como festa de interese turístico de Galicia. Por unanimidade decidiuse
solicitar da Xunta de Galicia que esta festa sexa declarada de interese
turístico polos seus valores etnográficos e culturais. Desde o equipo de goberno, destacan que a
cerimonia relixiosa conta co apoio cada ano de miles de visitantes que acoden
atraídos por cuestións de fe pero especialmente polas figuras do meco e as
pampórnigas que saen durante os actos.
As outras
duas mocións foron presentadas polo BNG, unha en contra da minería salvaxe e
contaminante que foi rexeitada e outra sobre o mal funcionamento do suministro
de auga. Concretamente foi aprobado por unanimidade que a empresa Aqualia,
concesionaria da traída municipal, aplique un desconto no recibo da auga para
compensar os problemas de turbidez de principios deste mes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario