As festas de verán de Quiroga celebranse os día 9,
10, 11 e 12 de agosto. Os festexos abriranse xa o xoves dia 9 coa celebración
da VII Festa da Comunidade cunha cea popular nas inmediacións do parque da Constitución e no que como
todos os anos se agarda a participación de numerosos veciños e visitantes da
zona. Este ano o prezo da cea por persoa será de 5 euros e consistirá nun menú
a base de:
- codillo asado con arroz blanco, guisantes e pementos,empanada
de carne do país, pan de fogaza, roscón do país e bebidas , viño tinto, augas ,
refrescos e tinto de verán.
Os vales xa están a venda
nos bares da vila e tamén se poderán adquirir o mesmo día da cea no recinto.
Despois da merenda haberá un animado baile a cargo do duo Fondo Tropical.
O que si está de todo
pechado e a celebración da 21 edición da Mostra do Mel e que se celebra o
venres día 10 coincidindo coa segunda
xornada das festas.
A mostra inaugurarase as once da mañá pero dende primeiras horas
xa se poderán mercar os diferentes productos típicos da zona pan, viño, aceite,
castañas e como non, o producto estrela da xornada o Mel e os seus derivados.
Este ano contarase cunha novidade xa que
dende a Delegación de Cultura mediante o Museo Etnográfico de Quiroga, organiza
un fiadeiro tradicional, no que poderán observarse os procesos do traballo
tradicional no mesmo recinto feiral.
A festa continuará esa mesma noite a
partir das once da noite cunha nova actuación do programa música na rúa, nesta
ocasión na rua Real, entre o Mesón Andaluza, Vinoteca Quiroga e bar Lago. Pero
a festa non remata ahí, xa que a partir das doce e media da noite e na
zona dos pubs vai a ter lugar a Festa da Xuventude coa actuación dos grupos
musicais Lethal Chains, Utopía e
Más Iva, no transcurso destes
concertos procederasea a entrega dos premios do concurso de fotografía.
Xa o sábado e o domingo non faltarán os
pasarúas, as actuacións e espectáculos infantís, os deportes, destacando a
presentación do F.C. Quiroga o domingo; as orquestras, entre elas la Oca, la Bámbola e Grupo Limón e sobor de
todo o prato forte deste ano e que será a actuación do coñecido grupo folk A
RODA e que terá lugar o sábado despois das doce.
No hay comentarios:
Publicar un comentario