O escritor local, José Reinaldo Pol, Pepe Pol, participa no II
Concurso de Relatos Cortos todosleemos.com, coa obra titulada “Borriquito”.
O premio do concurso consistirá en trofeos para os tres
finalistas, a publicación de todolos relatos en on-line e a publicación dos
mellores relatos en libro impreso.
Os relatos serán valorados por dous xurados e existirán duas
categorías de finalistas. O mellor relato elexido por os lectores a través do
número de descargas e votos on-line a traverso da internet, e o xurado
profesional que elexirá aos tres finalistas valorando aspectos técnicos e
estilísticos.
Para poder votar o relato presentado por Pepe Pol só é necesario
emitir o voto dende a páxina todosleemos.com ou dende o enlace do facedbook de
quiroga, unha vez seleccionado a lista de escritores participantes, uns 250. Os votos poderanse emitir ata o 13 de setembro. Nestes momentos, a obra de Pepe Pol, Borriquito, atópase na segunda posición do
ránking con 365 votos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario